viernes, 18 de diciembre de 2009

O APALPADOR

Neste Nadal crea unha felicitación diferente baseada na figura deste personaxe galego.

Primeiro lede este conto que publicou en Calameò o Ceip Alexandre Bóveda.



Publish at Calaméo or browse others.


Agora podedes saber máis sobre a figura do Apalpador facendo a seguinte webquest.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

ANIMACIÓN Á LECTURA

Xa que estamos no Ano da Astronomía aí vai unha proposta de lectura onde o espazo e un dos seus elementos fundamentais, as estrelas, tñen moito que dicir para a protagonista desta novela: O contador de estrelas de Jaureguizar.




Outra lectura interesante é navegar un chisco polo espazo do PRINCIPIÑO, ese universo infantil que todos levamos dentro e que, persoalmente, me gusta visitar a cotío porque non me digades que non estaba ben ser pequenos e soñar e imaxinar... sen ningunha preocupación.

Contra a violencia de xénero

Déixovos o video que realicei co alumnado de segundo da ESO logo dun mes de traballo coas unidades didácticas dedicadas a traballar a igualdade e a violencia de xénero e que podedes atopar no meu blog.

Xuntando fotos, música e mensaxes contra situación de maltrato conseguimos o seguinte traballo.

Espero que a vós tamén vos guste e teñades unha conexión boa para que vos cargue o video.



Tamén fixeron unha exposición no centro na cal deixaron as súas mensaxes no muro "Que lle dirías a un maltratador", título dun concurso que organizaba o Concello de Lalín e no cal participou o noso alumnado.

Aproveitamos a disposición do centro para colgar o nome das vítimas que este ano morreron a mans das súas parellas, logo de procurar información na rede. Pola disposición da exposición daba a sensación que un/unha estaba rodeado de "MORTAS" e o efecto foi o desexado. Todos/as quedaban sorprendidas do elevado número de mulleres que levan morrido xa este ano e tomaron conciencia da gravidade dos feitos.






Como vedes na primeira imaxe deste video o día rematou cun acto no Obelisco, onde cada quen podía levar un par de zapatos co seu nome para solidarizarse coas vítimas de violencia de xénero. Outra vez penso eu que se conseguiu o efecto desexado, xa que, quen reparar naquela morea de zapatiños orfos, non podía deixar de imaxinar a de familias rotas e nenos sen nais que esta lacra social deixa en España cada ano.

E para rematar a semana nada mellor que un curso sobre "Linguaxe e xénero" no Reitorado da UC acompañada das miñas compañeiras de departamento. Todo un luxo non só gozar da súa compañía, da oratoria de personaxes do mundo da cultura galega e dun marco incomparable. Todo un pracer desconectar de cando en cando engaiolada polo doce movemento das ondas que manseniñamente levaban os barcos dunha ría a outra, transportándote a ti tamén a gozar un intre dos moitos recunchos máxicos que ten a nosa costa.
Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.