Participade na campaña creando dende os centros os videos onde o voso alumnado exprese a súa opinión sobre a nosa cultura e a nosa lingua. Por que debemos estar orgullosos de ser galegos?
jueves, 4 de marzo de 2010
jueves, 28 de enero de 2010
NABUCCO
Nabucco es una ópera en cuatro actos con música del compositor Giuseppe Verdi y libreto de Temistocle Solera, basada en el Antiguo Testamento y la obra Nabuchodonosor de Francis Cornue y Anicète Bourgeois. Nabucco sigue la difícil situación de los Judios que son asaltados, conquistados y posteriormente exiliado de su patria por el rey de Babilonia Nabucodonosor.
viernes, 18 de diciembre de 2009
O APALPADOR
Neste Nadal crea unha felicitación diferente baseada na figura deste personaxe galego.
Primeiro lede este conto que publicou en Calameò o Ceip Alexandre Bóveda.
Primeiro lede este conto que publicou en Calameò o Ceip Alexandre Bóveda.
Publish at Calaméo or browse others.
Agora podedes saber máis sobre a figura do Apalpador facendo a seguinte webquest.
miércoles, 2 de diciembre de 2009
ANIMACIÓN Á LECTURA
Xa que estamos no Ano da Astronomía aí vai unha proposta de lectura onde o espazo e un dos seus elementos fundamentais, as estrelas, tñen moito que dicir para a protagonista desta novela: O contador de estrelas de Jaureguizar.
O Contador De Estrelas
View more presentations from Loli Cid Cid.
Outra lectura interesante é navegar un chisco polo espazo do PRINCIPIÑO, ese universo infantil que todos levamos dentro e que, persoalmente, me gusta visitar a cotío porque non me digades que non estaba ben ser pequenos e soñar e imaxinar... sen ningunha preocupación.
O PrincipiñO
View more presentations from Loli Cid Cid.
Contra a violencia de xénero
Déixovos o video que realicei co alumnado de segundo da ESO logo dun mes de traballo coas unidades didácticas dedicadas a traballar a igualdade e a violencia de xénero e que podedes atopar no meu blog.
Xuntando fotos, música e mensaxes contra situación de maltrato conseguimos o seguinte traballo.
Espero que a vós tamén vos guste e teñades unha conexión boa para que vos cargue o video.
Tamén fixeron unha exposición no centro na cal deixaron as súas mensaxes no muro "Que lle dirías a un maltratador", título dun concurso que organizaba o Concello de Lalín e no cal participou o noso alumnado.
Aproveitamos a disposición do centro para colgar o nome das vítimas que este ano morreron a mans das súas parellas, logo de procurar información na rede. Pola disposición da exposición daba a sensación que un/unha estaba rodeado de "MORTAS" e o efecto foi o desexado. Todos/as quedaban sorprendidas do elevado número de mulleres que levan morrido xa este ano e tomaron conciencia da gravidade dos feitos.
Como vedes na primeira imaxe deste video o día rematou cun acto no Obelisco, onde cada quen podía levar un par de zapatos co seu nome para solidarizarse coas vítimas de violencia de xénero. Outra vez penso eu que se conseguiu o efecto desexado, xa que, quen reparar naquela morea de zapatiños orfos, non podía deixar de imaxinar a de familias rotas e nenos sen nais que esta lacra social deixa en España cada ano.
E para rematar a semana nada mellor que un curso sobre "Linguaxe e xénero" no Reitorado da UC acompañada das miñas compañeiras de departamento. Todo un luxo non só gozar da súa compañía, da oratoria de personaxes do mundo da cultura galega e dun marco incomparable. Todo un pracer desconectar de cando en cando engaiolada polo doce movemento das ondas que manseniñamente levaban os barcos dunha ría a outra, transportándote a ti tamén a gozar un intre dos moitos recunchos máxicos que ten a nosa costa.

miércoles, 25 de noviembre de 2009
martes, 24 de noviembre de 2009
25N. DÍA MUNDIAL CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO

El 25 de noviembre es el día elegido para recordar a las mujeres víctimas de violencia machista. Esta fecha rememora el asesinato de las hermanas Mirabal por orden del dictador Trujillo en 1960.
Di NO – ÚNETE para Poner Fin a la Violencia contra las Mujeres es un llamado a la acción mundial.
Di NO registra las acciones que individuos, organizaciones y gobiernos de todo el mundo están llevando adelante para eliminar la violencia contra las mujeres. El objetivo inicial es llegar a 100.000 acciones en marzo de 2010 y a 1 millón de acciones en un año. Cada acción cuenta, ya sea realizar voluntariado en un refugio de mujeres, hacer donaciones, realizar actividades de divulgación entre estudiantes o promocionar mejores políticas. Contamos contigo.Leer mas...
Algunos sitios para la reflexión:
La ONU pide mayor implicación masculina en la lucha contra la violencia de género
AHIGE (Asociación de Hombres por la Igualdad de GEnero)
martes, 27 de octubre de 2009
Fomentando a igualdade
Aquí vos presento unha unidade didáctica tirada do STEG para traballar con motivo do Día Mundial Contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro.
Publish at Calaméo or browse others.
Achego tamén unha canción que me trouxo un alumno cando lles propuxen o tema. É a historia dunha moza que comeza sendo feliz e remata... índagade escoitando o video. Gráfica e realista, poderiamos dicir, unha historia que ocorre calquera día en calquera recuncho da sociedade.
lunes, 26 de octubre de 2009
VIAXA POLA LINGUA GALEGA
Para as/o alumnas/o: Sara, Laura, Marta e Cristian. Xa sei que hai moito tempo que debía ter colgada a vosa presentación, pero din por aí que vale máis tarde ca nunca, non?
Espero que este curso, esteades ou non no IES A Xunqueira, sigades traballando igual de ben e con máis ganas que o curso pasado. Un saúdo e un bico moi forte para todo. Moito ánimo.
Espero que este curso, esteades ou non no IES A Xunqueira, sigades traballando igual de ben e con máis ganas que o curso pasado. Un saúdo e un bico moi forte para todo. Moito ánimo.
jueves, 27 de agosto de 2009
A lenda da Virxe do Cristal
Achégovos un dos traballos que fixemos no IES A Xunqueira coa lenda da Virxe do Cristal que Curros. Desta meneira podemos coñecer como disque apareceu esta virxe, da cal o escritor ten noticias por súa nai. Para os/alumnos/as deste centro resultou sospeitosa a historia desta virxe que podedes visitar na capela de Vilanova dos Infantes, Celanova. Pero o curso pasado fixen a mesma actividade con alumnos do IES de Celanova e os resultados foron sorprendentes porque estaban moi motivados ao coñeceren de primeira man a protagonista dos seus comics.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)