Mostrando entradas con la etiqueta convocatorias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta convocatorias. Mostrar todas las entradas

sábado, 16 de mayo de 2009

GRADUADO EN ESO PARA MAIORES DE 18 ANOS



TES 18 anos e non conseguiches o título na ESO?

Pois terás dúas oportunidades: en xuño e en setembro. Anímate e consulta a Resolución do 4 de maio de 2009, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Para máis información consulta este enlace

martes, 17 de junio de 2008

PRIMEIRO CONCURSO FOTOGRÁFICO "OS RALLIES"

O 11 de maio deste ano publicouse na revista dixital do IES a convocatoria do primeiro concurso fotográfico sobre os rallies.
O xurado determinou o nome dos gañadores que son:
1º PREMIO: JOAQUÍN PÉREZ REI, de 4º diso C, polas seguintes fotografías tomadas no cambio de rasante de Piñeiro_Mondariz, durante o rally de Ríalas Baixas





2º PREMIO: DANIEL GANADÓN ALFAYA, alumno de 1º curso carrocería, polas seguintes fotografías.







A nosa noraboa para os premiados.

domingo, 20 de abril de 2008

CUÉNTAME UN CUENTO 2008



Tráfico convoca la primera edición del concurso "CUÉNTAME UN CUENTO" con el objetivo de potenciar la educación vial destinada al público infantil.
Los trabajos se pueden presentar en las Jefaturas Provinciales de Tráfico o en los Servicios Centrales de la DGT hasta el 15 de junio de 2008.
De todos los trabajos presentados se seleccionarán siete que se repartirán los premios del siguiente modo:
1 primer premio dotado con 2000 Euros.
1 segundo premio dotado con 1500 Euros.
5 terceros premios dotados con 1000 Euros.

Las bases y la hoja de inscripción se descarga desde este enlace.

Publicado por Vicente Sánchez

lunes, 18 de febrero de 2008

CONVOCATORIAS


Premio Marco Polo 2008


Convocatoria anual de Casa Asia do concurso para xóvenes "Premio Marco Polo 2008". É un certame literario no que se selecciona o mellor ensaio sobre un país asiático previamente seleccionado. Dirixido a estudantes de 3º e 4º de ESO dos centros públicos, concertados e privados do territorio español. O premio está dotado cunha ciaxe ao país seleccionado no certame, para o estudanteacompañado polo seu pai e nai.
As bases da convocatoria en pdf están aquí.

II Concurso "acaba con PITI"


O II concurso "Acaba con Piti" invita aos nenos e xóvenes a elaborar mensaxes dirixidos a rematar co tabaco a través de diversos medios (debuxos, contos, fotos, vídeos...) O prazo de presentación de traballos vai desde o 1 de febreiro ata o 18 de abril de 2008. Tres categorías: infantís de 11 a 13 anos, xuvenís de 14 a 16 ans e de 17 a 20 anos. Os premiados en cada unha das categorías recibirán unha consola Wii.

As bases en pdf pinchando aquí


lunes, 28 de enero de 2008

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA


No Diario Oficial de Galicia de 17 de xaneiro está publicada a convocatoria de axudas para alumnos e alumnas de niveis non universitarios para estadías no estranxeiro para a realización de actividades de inmersión lingüística no verán de 2008.
Os trámites para solicitar a axuda pódense realizar desde https://www.edu.xunta.es/axudasle/
O folleto informativo pódese obter pinchando aquí e a orde da convocatoria pinchando aquí.

lunes, 7 de enero de 2008

PROBAS ACCESO A CICLOS FORMATIVOS


Próximamente publicarase no DOG a convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grado medio e grado superior para o curso 2008-2009 na Comunidade Autónoma de Galicia. Neste enlace accédese a un documento con información relativa á convocatoria. Facendo clic aquí , accédese a un manual que contén toda a información sobre as probas de acceso aos ciclos de grado medio; nestoutro enlace accédese ao manual correspondente ás probas de acceso a ciclos de grado superior.

Para os que estean interesados, pinchando no enlace seguinte accédese aos modelos de exame dos últimos anos para as probas de grado medio e nestoutro aos modelos para o acceso a ciclos de grado superior.

As probas para o acceso ao grado medio realizaranse o 5 de xuño e o prazo de inscrición estará comprendido entre os días 21 e 30 de abril.

Para o las probas de acceso a ciclos de grado superior, o prazo de inscrición será do 21 ao 31 de xaneiro e as probas realizaranse o 18 de abril.

sábado, 15 de diciembre de 2007

VI PREMIO GALICIA INNOVACIÓN JUNIOR


O VI Premio Galicia Innovación Júnior ten como obxectivo estimular o espírito creativo e a capacidade innovadora dos mozos e mozas, valorando especialmente a aplicación dos coñecementos adquiridos durante a súa vida académica.

Quen pode participar?
Mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos (ou de 19 se están matriculados no último curso de Ensino Secundario), en dúas categorías: de 12 a 15 e de 16 a 18 anos.

Que hai que facer para participar?
Presentar un traballo no que se explique a idea dun novo produto, servizo ou maneira distinta e innovadora de producir algo xa existente. O xurado valorará a orixinalidade da proposta, a súa utilidade, a posibilidade de aplicación práctica e o grao de desenvolvemento do proxecto presentado. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas propostas. Non poderán participar os gañadores dos primeiros ou segundos premios de edicións anteriores na mesma categoría.
Neste enlace podes acceder á páxina do premio.

Aquí podes descargar o díptico do premio e aquí máis información relacionada.
Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.