martes, 18 de diciembre de 2007

TAMÉN CRES QUE A CIENCIA É ABURRIDA?


O día 22 de decembro, o Diario de Pontevedra, e o Ateneo de Pontevedra co patrocinio de Caixanova, tráennos a Adolf Cortel, un profesor que nos ensinará por medio dalgúns dos seus cachivaches os trucos máis divertidos da física. As explicacións tratarán sobre a electricidade estática e está asegurada a diversión.

Se che interesa, o día 22 de decembro achégache ás 18:30 ao auditorio de Caixanova.

A entrada é libre.

sábado, 15 de diciembre de 2007

VI PREMIO GALICIA INNOVACIÓN JUNIOR


O VI Premio Galicia Innovación Júnior ten como obxectivo estimular o espírito creativo e a capacidade innovadora dos mozos e mozas, valorando especialmente a aplicación dos coñecementos adquiridos durante a súa vida académica.

Quen pode participar?
Mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos (ou de 19 se están matriculados no último curso de Ensino Secundario), en dúas categorías: de 12 a 15 e de 16 a 18 anos.

Que hai que facer para participar?
Presentar un traballo no que se explique a idea dun novo produto, servizo ou maneira distinta e innovadora de producir algo xa existente. O xurado valorará a orixinalidade da proposta, a súa utilidade, a posibilidade de aplicación práctica e o grao de desenvolvemento do proxecto presentado. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas propostas. Non poderán participar os gañadores dos primeiros ou segundos premios de edicións anteriores na mesma categoría.
Neste enlace podes acceder á páxina do premio.

Aquí podes descargar o díptico do premio e aquí máis información relacionada.

viernes, 14 de diciembre de 2007

As Tics (Os inicios): AXUDA NO ESCRITORIO

Unha breve reseña humorística acerca da contemplación das novas tecnoloxías en épocas moi remotas, onde o libro daba os seus primeiros pasos.
Un vídeo no que se pode apreciar, en clave de humor, como podería ser o acceso ás novas tecnoloxías na idade media. Poderiamos, en moitos casos e moitas situacións, trasladalo á actualidade pensando nos novos soportes que nos propón as novas tecnoloxías.


martes, 11 de diciembre de 2007

UN REPASO RÁPIDO POLA PRENSA DIARIA


En kiosko temos a posibilidade de realizar unha lectura rápida das portadas dos principais xornais nacionais; ademais están enlazados coas edicións dixitais dos mesmos. É un bo recurso e máis se temos en conta que este blog naceu con vocación de converterse na revista dixital do centro.

lunes, 10 de diciembre de 2007

HOLA: UNA APLICACIÓN INTERESANTE


El proyecto H.O.L.A. (Herramienta para la Orientación Laboral de Asturias) ha significado la puesta en marcha de un sistema de Orientación Profesional y Laboral absolutamente innovador desde el punto de vista de los usuarios/as de estos servicios y sus profesionales. La finalidad principal de H.O.L.A. es poner en funcionamiento un espacio abierto que incorpora sistemas y/o servicios que promuevan una autorientación profesional, y laboral a lo largo de la vida.
Muy interesante para los alumnos que estén a punto de finalizar sus estudios, tanto si son profesionales , como si están orientados a proseguir estudios universitarios.

BENVIDA

Hoxe comezamos unha experiencia nova coa que pretendemos achegar o uso das Tics a todos os membros da nosa comunidade educativa que estean interesados neste propósito. Esperamos lograr facer un sitio atractivo no que teñan cabida as opinións de todos e cada un de nós.
Esperamos que atopedes aquí un foro onde colocar as vosas opinións, as vosas ideas e as vosas propostas, etc. En definitiva, o obxectivo é lograr a vosa participación. Se estades interesados seguro que é fácil achegarse a este grupo que hoxe comeza.
Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.