sábado, 15 de diciembre de 2007
VI PREMIO GALICIA INNOVACIÓN JUNIOR
O VI Premio Galicia Innovación Júnior ten como obxectivo estimular o espírito creativo e a capacidade innovadora dos mozos e mozas, valorando especialmente a aplicación dos coñecementos adquiridos durante a súa vida académica.
Quen pode participar?
Mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos (ou de 19 se están matriculados no último curso de Ensino Secundario), en dúas categorías: de 12 a 15 e de 16 a 18 anos.
Que hai que facer para participar?
Presentar un traballo no que se explique a idea dun novo produto, servizo ou maneira distinta e innovadora de producir algo xa existente. O xurado valorará a orixinalidade da proposta, a súa utilidade, a posibilidade de aplicación práctica e o grao de desenvolvemento do proxecto presentado. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas propostas. Non poderán participar os gañadores dos primeiros ou segundos premios de edicións anteriores na mesma categoría.
Neste enlace podes acceder á páxina do premio.
Aquí podes descargar o díptico do premio e aquí máis información relacionada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario