Crea, xunta, imaxina, debuxa, relaciona, sente, transmite, divirte, emociona...
Todo isto pode suceder se nalgún momento decidiches escribir poemas
ANÍMATE e envía a túa creación.
A continuación unha escolma dos poemas enviados polos alumnos de 1º de ESO o IX Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que tiña como protagonista "O MAR"
A formiga no mar
Polo mar vai unha formiga,
cunha man na testa
e outra na barriga.
A formiga cansou de nadar,
entón,
tivo que parar a descansar.
A formiga chamabase Abelina,
é parecia a raiña das sereiñas.
Ela dixo:
O mar faime pensar,
o fermoso que é navegar.
ALMUDENA BARREIRO 1º eso B.
O mar
O mar..
¿Que é o mar?
¿Que é o mar?
O mar é tocar
coas miñas mans
a auga,
coas miña alma
o vento,
co meu rostro
a lúa.
O mar e xogar cos meus sentimentos.
Ai mar, que belo eres!
CARLA SáNCHEZ PAZOS 1º eso A.
As augas de Galicia
As augas de Galicia,
a area amarela,
o sol que quenta
é unha maravilla
a area amarela,
o sol que quenta
é unha maravilla
A SOIDADE
Do mar saquei
nunha historia,
da historia
unha aventura,
da aventura
un heroe,
do heroe
unha espada,
da espada
un mapa,
do mapa
un tesouro,
do tesouro
millóns,
dos millóns
tardes na cantina,
das tardes na cantina
a soidade.
BÁRBARA VÁZQUEZ TORRES 1º eso A
Dúas mans entrelazadas
Dúas mans entrelazadas
acábanse de separar
era un amor eterno,
que afundiu no mar.
Ese amor eterno
acaba de nacer,
dous namorados
as mans acában de coller.
Un amor eterno
esta vez será,
pois o seu amor
nunca máis desaparecerá.
acábanse de separar
era un amor eterno,
que afundiu no mar.
Ese amor eterno
acaba de nacer,
dous namorados
as mans acában de coller.
Un amor eterno
esta vez será,
pois o seu amor
nunca máis desaparecerá.
MARIA ISABEL FERRADÁS PIÑEIRO 1º eso B
No hay comentarios:
Publicar un comentario