miércoles, 22 de diciembre de 2010

FELICES FESTAS A TOD@S

Con esta Nadaliña dunha pequecha quería desexarvos a todos que estas Festas estean cheas de maxia e cariño e disfrutedes moito da xente que vos rodea.
Aínda que botamos de menos sempre a moita xente, recordade que o mellor e regalar amor a aquela que temos ao noso carón, porque a que está lonxe de seguro que nos regala o mellor dos seus recordos. A xente que nos quere de verdade sempre anda a rebulir preto, aínda que só sexa no maxín.
Bicos moi moi doces para todos e para que estas Festas a luz das estrelas faga que os olliños de todos non deixen de brillar nunca de felicidade.

viernes, 3 de diciembre de 2010

A súa voz

Cara ao festival de Nadal traballamos moito a técnica vocal porque ben saben eles, o alumnado, cando cantan ben e cústalles subir ao escenario se non é certo. Participar no festival é voluntario e por iso só lles poido dicir que melloraron moito e que o fan ben. Nos seus acenos indolentes e nas protestas escoito a dignidade que procuran. Entón, quedo calado e sigo escoitando ou dicindo algo que lles anime a falar máis e despois cantamos, e sigoos escoitando. Caso aparte será a actuación. Por esperiencia sei que os seus nervios crean emoción no salón de actos, pero, nas clases, a emoción que compartimos ven do canto, da súa voz

Empire of the Sun - Suo Gan
Cargado por Zerenodo. - Explorar otros videos musicales.
Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.