viernes, 3 de diciembre de 2010

A súa voz

Cara ao festival de Nadal traballamos moito a técnica vocal porque ben saben eles, o alumnado, cando cantan ben e cústalles subir ao escenario se non é certo. Participar no festival é voluntario e por iso só lles poido dicir que melloraron moito e que o fan ben. Nos seus acenos indolentes e nas protestas escoito a dignidade que procuran. Entón, quedo calado e sigo escoitando ou dicindo algo que lles anime a falar máis e despois cantamos, e sigoos escoitando. Caso aparte será a actuación. Por esperiencia sei que os seus nervios crean emoción no salón de actos, pero, nas clases, a emoción que compartimos ven do canto, da súa voz

Empire of the Sun - Suo Gan
Cargado por Zerenodo. - Explorar otros videos musicales.

No hay comentarios:

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.