Unha profesora do IES Taboada Chivite envía este artigo para publicalo na revista do noso instituto.
ROCK DE CÁMARA
Esta agrupación musical, integrada por catro xóvenes músicos galegos pertencentes á Orquesta Clásica de Vigo, e que se formaron no Conservatorio de Música de Vigo, ten por obxectivo amosar e explorar as múltiples posibilidades sonoras do cuarteto clásico de corda, xa sexa versionando temas de rock ou temas de cinema.
HÉCTOR VARELA (Violín I): licenciado en violín, dá clases deste instrumento na Escola de Música de Baiona, na Escola de Música de Barbadás e no Conservatorio de A Guardia. Segue a facer cursiños de perfeccionamento por toda Europa e é un surfista profesional.
MAURO MARIÑO (Violín II): diplomado en violín, está a rematar a licenciatura de violín, e ten estudios de xaponés, alemán e inglés. Toca en diversas agrupacións (clásicas e folk).
JÉNNIFER GÓMEZ (Viola): diplomada en viola, está a rematar a licenciatura en viola, e ten estudios de filoloxía galega. Toca en diversas agrupacións e é unha escritora novel.
DAVID RODRÍGUEZ (Violonchelo): licenciado en filoloxía hispánica e diplomado en violonchelo, é profesor de música no IES Xesús Taboada Chivite.
Información enviada por Isabel Cota, Profesora do IES Taboada Chivite de Verin. Ourense
No hay comentarios:
Publicar un comentario