O IES d'A Xunqueira ten unha ubicación privilexiada, ao dispor dun contorno agradábel no que a poucos metros do recinto aínda se pode gozar dun pedazo de natureza: a da desembocadura do Rio Leres (ou Lérez) na paraxe conhecida pola Illa das Esculturas. Este enclave, hoxe bastante desatendido polo Concello de Pontevedra, mais no que se espera unha próxima inxección dos orzamentos necesarios para a súa restauración, dispón dunha fauna piscícola e aviar que nos pode proporcionar gratos momentos se pasearmos ao longo das ribeiras do río. Así, coa chegada da primavera, algunhas parellas de lavancos ou patos salvaxes sacaron laradas de arredor dunha ducia de pequenos parruliños. Tamén os cisnes mudos introducidos nos pasados anos polo Concello veñen de criar após dous anos de non o faceren; nesta ocasión a niñada era de seis pequenos cisnes cos que se paseaban orgullosos e aos que coidaban e defendían con grande entrega. Velaí algúns testemuños fotográficos. Infelizmente, a acción de algún ou algúns desaprensivos xa conseguiu que esta familia se veña a ver reducida. Nesta fin de semana alguén se encargou de roubar tres dos pequenos. E é probábel que aínda a cousa non acabe aquí. Está claro que non nos caracterizamos, en xeral, por apreciar o público, o que é de todos e todas, senón que consideramos que está para servir os nosos intereses particulares, sen nos decatar de que protexer e coidar o que de todas e todos é, indica o grao de desenvolvemento cívico que temos como sociedade. Máis unha vez nesta importante materia saimos reprobados. Por Crisanto Veiguela |
lunes, 19 de mayo de 2008
É primavera no contorno do IES
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario